Xestión de proxectos multilingües

Ofrecemos servizos de xestión integral de proxectos en múltiples idiomas. A nosa proposta abarca dende a preparación de contidos no idioma orixinal ata a emisión e distribución de documentación nos idiomas desexados.


Servizos de tradución

Tradución técnica

Tradución de documentos con elevado contido técnico, asegurando tanto a precisión da terminoloxía que se utiliza como a correcta transmisión das ideas plasmadas nos documentos orixinais.

 

Localización de software e páxinas web
Servizos de localización, adaptando os contidos ás particularidades dos mercados aos que van dirixidos.

 

Tradución xeral
Tradución de documentación de carácter xeral: catálogos, manuais, documentación financeira, ofertas, contratos, informes anuais, memorias, etc.

 

Tradución xurada
Tradución xurada de documentos expedidos por organismos públicos ou privados: universidades, xulgados, concellos, rexistros ou outros, así como contratos, actas notariais, certificados laborais ou outros.


Servizos de maquetación

Deseño, axuste e mellora de formatos, asegurando que os mesmos se adecúan aos requisitos de cada encargo en particular.

Palíndromo traballa con software das familias:

Adobe: InDesign, Illustrator, Photoshop

Corel: CorelDraw, Photopaint

Autodesk: Autocad

Office: Word, Excel, Powerpointe outros.


Servizos de interpretación

Servizos de interpretación simultánea, consecutiva ou de enlace.


Servizos de revisión e corrección de textos e formatos

Revisión de contidos e formatos de documentos existentes, corrección de estilo, uniformación terminolóxica.


Servizos de xestión de contidos e formatos

Ofrecemos asesoramento para optimizar a xestión de contidos de todo tipo, incluíndo o deseño, a creación, a optimización e o mantemento de bases de datos de terminoloxía, memorias de tradución, guías de estilo e de material de referencia en xeral.
Así mesmo, o servizo inclúe o asesoramento sobre sistemas e procedementos que aseguren a creación e mantemento óptimo de contidos.

El sitio web www.palindromo.com utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita a sus páginas web. No se utilizarán las cookies para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.política de cookiesModificar su configuracionModificar ACEPTAR

Aviso de cookies