A prestación do servizo de Palíndromo realízase no marco dun Sistema de Xestión que cumpre cos requisitos de diversas normas internacionais.
Os Principios de Xestión da empresa e a Política de Calidade, que establecen os criterios básicos sobre os que se vertebra a prestación do servizo, están a disposición das partes interesadas que desexen consultalos.
A norma UNE-EN ISO 9001:2015, “Sistemas de xestión da calidade. Requisitos”, establece os requisitos mínimos para asegurar unha adecuada xestión da calidade da organización.
A norma UNE-EN ISO 17100:2015, “Servizos de tradución. Requisitos para os servizos de tradución”, introduce requisitos adicionais aplicables a empresas do sector.
O Sistema de Xestión atópase certificado por unha entidade de certificación independente.